Fast Compos (2D, 3D, Music, GIF, Curtametraxe)

Na Intranet poderedes inscribirvos na actividade.

Durante a party, anunciaranse as compos e o tema polas pantallas para que os interesados accedan á intranet e poidan participar.


FASTCURTAMETRAXE

Non te equivoques, non buscamos a un novo Spielberg, só queremos que nos fagas rir.

Trátase de gravar unha curta, durante a party, cunha cámara dixital ou un teléfono móbil, cunha duración máxima de 3 minutos. Sabede que aínda que vos estendades, só se valorarán os 3 primeiros minutos da curta. Valoraremos especialmente a orixinalidade e co millón de apps para vídeo gratuítas que hai polo mundo xa non hai escusa.

Seguiremos mantendo a categoría con temática que vos será revelada en canto se active a actividade na intranet. Lembrámosvos que se a vosa produción non se axusta a ese tema, ou xa a tiñades feita de antes ou é un posible futuro premio Goya podédela enviar a á categoría de curtas.

NOTA: Subtítulos integrados obrigatorios.

MÚSICA

Dámosvos 24 h para que poidades aproveitar o silencio da noite nas vosas gravacións, o tema pode ser un ritmo, un vídeo ou quen sabe de onde virá a inspiración.

2D

Unha hora para realizar un speed  paint, o reto da folla en branco! Cun tema que aparecerá no spoiler da intranet á hora sinalada.

O autor deberá entregar xunto coa gráfica final (o que concursa), un vídeo do proceso de debuxo ou imaxes dos pasos intermedios (un mínimo de 3) que representen o proceso do debuxo. No caso de pasos intermedios, deberán estar numerados da seguinte forma: Se o gráfico final se chama GOGO.PNG, os pasos chamaranse GOGO01.PNG, GOGO02.PNG,..., GOGO10.PNG e GOGO11.PNG en caso de ter 10 pasos. O gráfico GOGO01.PNG será o máis antigo, o menos traballado, e GOGO11.PNG o gráfico final (o que concursa).

En caso de non dispoñer dos pasos deberase entregar un arquivo coas capas.

Os pasos entregaranse xunto cun .txt nun ficheiro comprimido (ZIP), cunha breve explicación (máximo tres liñas) dos programas técnicas utilizadas.

3D

Unha hora para modelar cun tema que aparecerá no spoiler da intranet á hora sinalada.

GIF

La escusa perfecta para os que non controlades de ningunha das categorías anteriores, pero sodes enxeñosos e tedes ideas, móbil en man buscando esa escena que pide a berros repetirse en bucle ata o infinito. Ou como trolear aos amigos e xente do escenario por que si.


Deberedes subir as vosas producións directamente á Intranet. Os traballos deberán ser orixinais e libres de royalties. Ademais, non deben participar anteriormente en ningún outro concurso.

A esta normativa compleménta a Normativa Xeral.

Non está permitido o uso de intelixencia artificial. Os traballos que a utilicen serán descualificados.

A participación na competición leva a aceptación das súas normas e das decisións do xurado.

Non esquezades poñer o voso nome ou nick e posto na partypor se tivésemos que poñernos en contacto convosco. Os traballos proxectaranse en pantalla as noites do venres e do sábadoA Organización resérvase o dereito de non proxectar aquelas producións cuxo contido considere inadecuado.

Fast 2D gañador no XGN R Encounter 22                        Fast 3D gañador no XGN R Encounter 22
Tema: O adhesivo do XGN - Autor: 'daioros'                Tema: A medalla do XGN - Autor: 'zoso'

twitter facebook