Música Dixital

Entrega dos traballos: Cada participante apuntarase e subirá a súa produción á intranet á categoría á que desexe participar e poderá comprobar tranquilamente que a súa produción se subiu correctamente.

Formatos permitidos: Ogg Vorbis ou MP3.

Os límites máximos serán 48KHz e 320 Kb/s e os límites mínimos 44100Hz e 192 Kb/s.

Para participar nesta competición, os autores deberán entregar dous pistas de audio diferentes da canción á parte da versión final (a que concursa), en Ogg Vorbis o MP3.
O primeiro conterá unicamente a base rítmica da canción, mentres o segundo conterá a melodía, acompañamento (e voces se se inclúen na canción) sen a base rítmica. 

A organización resérvase o dereito de proxectar unicamente os 3 primeiros minutos, nese caso recoméndase a cada artista que entregue un arquivo extra da súa obra editada a esta duración se excede ese tempo.

Non se admitirán versións de cancións comerciais. As cancións deberán ser creacións exclusivas dos autores, ou contar coa autorización do autor orixinal para versionalas (por exemplo, se se versiona unha canción Creative Commons). Neste último caso, deberá facerse referencia explícita á canción orixinal.

Os pasos entregaranse xunto cunha ou varias capturas de pantalla do proxecto e un .txt nun ficheiro comprimido (ZIP), cunha breve explicación (máximo tres liñas) dos programas técnicas utilizadas.

Só se permitirá unha produción por autor.

A esta normativa compleménta a Normativa Xeral.

Non está permitido o uso de intelixencia artificial. Os traballos que a utilicen serán descualificados.

A participación na competición leva a aceptación das súas normas e das decisións do xurado.

twitter facebook