Venres, 13 de Outubro de 16.00 a 17.30.
Se non coñeces arduino ou levas pouco tempo con Arduino esta é a actividade que estabas a esperar. Empezaremos desde cero para a xente que non sabe nada e utilizaremos unha das contornas de programación por bloques máis potente dos nosos días. Arduinoblocks
O que veremos neste taller será o seguinte:
1- Saber o que é Arduino.
2- Coñecer os tipos de proxectos que se poden facer con Arduino.
3- Aprender a electrónica básica para empezar.
4- Montar os primeiros circuítos.
5- Facer e cargar no Arduino os primeiros programas.
Ao longo deste taller veremos todo o necesario para poder empezar con esta tecnoloxía que é a base de todo o movemento maker actual.