Venres, 13 de outubro de 19:00 a 21:00
Démoslle unha volta ao deseño e funcionalidade da nosa Macro keyboard. Tomando como referencia o Stream Deck e a súa aparencia convertemos a nova versión nun dispositivo con multitude de configuracións engadidas. Deseño de botóns a medida e completamente personalizable ben sexa para xogos ou streaming.
Esta opción ofrécenos unha gran versatilidade e super barata… ben… Esta versión xa non é taaaaan barata. Utilizamos unha pantalla nextion e un arduino polo que neste obradoiro veremos como é o programa de Arduino para controlar os botóns da keyboard Macro e como se fai unha interfaz sinxela para a pantalla nextion.
Nas edicións anteriores fixemos outras versións que podemos facer con botóns. A premisa será a mesma, pero farémolo doutro xeito para que poidades ver algo diferente.
Non o perdades!